Portela, Carlos (1967-)

A conta atrás Carlos Portela - Nova edición integral en galego. - Barcelona : ECC Ediciones , 2022 - 167, [33] p. : principalmente il. cor e b/n ; 25 cm.

Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, Carlos Portela e Sergi San Julián presentan esta novela gráfica nunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra —até agora inédita—, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional.

Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia —relatada en sentido inverso— se desprega perante o lector.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788419351821


Prestige (Barco)---Cómics


Marés negras - --Galicia
Naufraxios

741.5(460.11) 629.5 Prestige

Coa tecnoloxía Koha