Prado, Miguelanxo

Ardalén / PRADO, Miguelanxo - 1ª - Santiago de Comopostela :El Patito Editorial ,2012 - 256 :il. cor ;26cm - Miguelanxo Prado (Norma) ;15 .

Premio Nacional del Cómic 2013

Premio mellor obra 31 salón del cómic de Barcelona



«Os recordos, que son moitos, van e veñen, sen que eu consiga colocalos. Nunca estou seguro de que sucedeu antes ou despois, báilanme os nomes, as caras... É coma se o libro da miña vida alá desfíxose e quedáseme nas mans un puñado de follas que non consigo ordenar de novo. Ás veces, mesmo, é coma se eses recordos non fosen meus... Nin sequera estou seguro de diferenciar o que vivín e o que imaxinei.»

Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entrelazando nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran.

E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios.

Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive.

Despois de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Prado ofrécenos a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país.

9788493943455


Memorias E Lembranzas


Cómics adultos
Emigración e inmigración-Cómics
Mares e océanos-Cómics
Recordos-Cómics
Soños-Cómics


Cómic europeo

82-9

Coa tecnoloxía Koha