Vista normal Vista MARC Vista ISBD

As gratitudes / Delphine de Vigan

por Vighan, Delphine [autor/a]; Xavier Senín [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Santiago de Compostela : Hugin e Munin , 2023 Edición: Xullo 2023.Descrición: 152 páx : Rústica con lapelas ; 20 x 13.5 cm.ISBN: 9788412600766.Materia(s): Vellez | HistoriaResumo: A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afasia que padece fai que confunda as palabras e se perda seguido nas conversas; amais, as súas noites énchense de pesadelos nos que recibe reproches pola súa repentina vulnerabilidade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado. As voces de Marie e Jérôme debullan os últimos meses de vida da protagonista. Dende as primeiras páxinas, esta conmovedora novela interpela o lector e convídao a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida. A palabra é así mesmo crucial na construción da historia, tanto pola sobriedade e a depuración estilística que caracterizan o relato coma polos dramáticos e por veces humorísticos lapsus de Michka, que revelan dun xeito doloroso a perda paulatina da facultade de se comunicar para quen foi –ironías da vida– unha traballadora das palabras.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES de Mos
Sala préstamo
810.N VIG gra Dispoñible PED028000012323

A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afasia que padece fai que confunda as palabras e se perda seguido nas conversas; amais, as súas noites énchense de pesadelos nos que recibe reproches pola súa repentina vulnerabilidade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado.

As voces de Marie e Jérôme debullan os últimos meses de vida da protagonista. Dende as primeiras páxinas, esta conmovedora novela interpela o lector e convídao a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida.

A palabra é así mesmo crucial na construción da historia, tanto pola sobriedade e a depuración estilística que caracterizan o relato coma polos dramáticos e por veces humorísticos lapsus de Michka, que revelan dun xeito doloroso a perda paulatina da facultade de se comunicar para quen foi –ironías da vida– unha traballadora das palabras.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha